Información para o Curso 2018/2019

(Art. 13: Información ao alumnado e ás familias)

1º. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro en que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

  • Solicitude admisión: do 1 ao 20 de marzo. Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo, se é o caso: Do 23 de marzo ata o 09 de abril, ambos incluídos.
  • Calendario que inclúe a data de publicación das listas do alumnado admitido e non admitido e os prazos para formular reclamación:

- Ata o 25 de abril: publicación das listas provisionais de admitidos e non admitidos. Reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte da súa publicación, ante o titular no caso de centros privados concertados.
- Antes do 15 de maio: publicación das listas definitivas de admitidos e non admitidos. No caso de centros privados concertados, poderán formular unha reclamación por escrito ante o Xefe Territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (Art. 32 ).

  • Prazo para formalizar a matrícula, que deberá axustarse ao modelo normalizado do anexo III desta orde:

- Do 20 ao 30 de xuño: Formalización de matrícula para Infantil e Primaria.
- Do 25 de xuño ao 10 de xullo: Formalización de matrícula para ESO e Bacharelato.
- Do 1 ao 10 de setembro: Prazo extraordinario de formalización de matrícula para ESO e Bacharelato.

  • Área de influencia do centro en cada unha dos ensinos impartidas e áreas limítrofes (CONSULTAR O MAPA).

EN CASO DE EMPATE: 1º apelido: ZT; 2º apelido: CJ

 

Proceso de admisión do alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria

Curso 2018-2019

ENLACES DE INTERESE:

1.- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121226/AnuncioG0164-171212-0001_gl.html

2.- Orde posterior do 12 de marzo de 2013 (DOG nº 53 de 15 de marzo de 2013):

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_gl.html

3.- Orde do 25 de xaneiro de 2017, pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170201_admision_1.pdf

4.- Sección de ESCOLARIZACIÓN da web da Xunta: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24326

5.- Sección de educación da web do concello de A Coruña: http://www.edu.coruna.es/