2º BTO co Fridays for Future

O grupo de Bacharelato secundou o paro convocado ás 12h. nos centros educativos de Galicia polo Movemento Galego polo Clima, dentro dos actos do movemento mundial xuvenil "Fridays for Future".
O obxectivo do paro mundial era saír á rúa para reclamar accións urxentes por parte dos gobernos para que fagan fronte á mudanza climática e garantan un futuro para as xeracións mozas.
Todos e todas nos animan a participar hoxe venres 27 na concentración cidadá que se realizará nos Xardíns de Méndez Núñez ás 20h. 
Queremos ter futuro! Coidemos e salvemos o Planeta!
ESO/BTO