Lema del Curso

A TÚA MISIÓN, UNHA AVENTURA

Nunca esquecería “o sabor da felicidade”. Incorporado ao seu ADN, manifestábao en calquera das súas actuacións e amábao tan efusivamente que decidira exportalo o seu redor como un perfume que xamais podería degradar o tempo; saboreábase a alegría e cheiraba a felicidade.

Decidiu facer da súa vida “unha aventura, paseniño”. Pensaba que a esta aventura non lle debían faltar a paz e a alegría celebradas cada mañá. Paz e alegría con sabor de estirpe porque se cocían nunha familia, impulsada por aqueles aos que a historia convertera en testemuñas... E co paso dos días chegou a ser unha realidade transcendente: a paz e a alegría, en familia, converteríanse en “unha aventura... con Xesús”.

Unha aventura que, paseniño” habería que pór en marcha para facela realidade. Porque “A túa misión: ¡en camiño!” era, co transcorrer dos días, ‘unha boa noticia’, un reto que anhelaba cambiar o mundo, que esixía deixarse acompañar para chegar a ‘facer o que El diga’. Non era unha misión en solitario, era unha misión en compañía; era unha misión de grupo, de colexio, de pobo..., ao estilo das grandes realizacións da historia.

Era hora de comezar; habería que conectar o “paseniño” cun ‘plus’ de enerxía que convertía a aventura nunha misión que, mirando cara a dentro, alumaba a interioridade oculta do mundo. Toda a dinámica da vida entraría en xogo para levar a bo termo esta empresa, para pór en marcha unha misión que se anunciaba con carteis de expectación e con ritmo de camiñante que sabe que toda gran aventura comeza cun paso.

A aventura xurdía con vitola de futuro; a misión nacía como unha aventura que compaxinaba corazón e cabeza. No camiño, como parte da propia aventura, tamén estaba Xesús de Nazaret esperando, poñendo corazón, acompañando... e non só Él, senón outros aventureiros que fixeron do acompañamento discernido unha aventura profesional.

Deste xeito, a misión, o que un está chamado a ser e realizar de acordo co seu proxecto de vida, converteuse no acontecemento esperado, a aventura da súa vida. Aventura polo que aínda queda por vir, aventura polos que acompañan no camiño, aventura porque nada hai máis entusiasmante que a aventura da vida.

Comeza un novo curso, 2018-2019, comeza “unha aventura..., paseniño”. Esa aventura leva por nome: “A túa misión: Poñerte en camiño”.